Inventario de campás
Igrexa de Santa Uxía de Mandiá - FERROL (GALICIA)
Referencia 13552
Bustelo, s/n.
15595 FERROL


Data de construción Século XIX.
Descricion A igrexa de Santa Uxía de Mandiá é un dos máis grandes templos parroquiais situados no territorio rural do concello de Ferrol.
Construída no século XIX, a súa estrutura arquitectónica é de planta rectangular, con dous corpos pequenos acaroados nos muros meridional e setentrional. Os muros son de carga (realizados en cachotería con elementos reutilizados da antiga igrexa) e sobre eles apoia una cuberta a dúas e catro augas, cunha cubrición de pranchas de fibrocemento. Cara ao exterior, o eficio transmite un rico xogo compositivo proveniente da distinción volumétrica de cada un dos seus corpos. A fachada principal reúne a maior parte dos elementos ornamentais, desenvolvéndose en composicións xeométricas e xogos de simetría que avanzan dende un barroco clasicista cara ao eclecticismo.
Interiormente destaca a amplitude do templo, no que xoga un importante papel a altura deste, por ser algo inusual nesta área xeográfica. A estrutura aérea da nave é plana, do mesmo xeito que a do presbiterio. O seu espacio interior desenvólvese nunha soa nave, dúas pequenas capelas laterais, presbiterio e, tras deste, una sancristía, á que tamén pode accederse dende o exterior.
A última intervención que se fixo no inmoble foi propiciada por don Andrés Fernández Muíños, cura párroco do templo, entre os anos 1971 e 1972.
Campás 2 campás.
Fichas das campás
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 15-12-2023
Campás actuais
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO, SERAFIN | 1856 | 45.00 | 53 |
| Espadana | Maior. | MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA) | 1893 | 60.00 | 125 |
- Ficha reducida (PDF)
- FERROL: Campás, campaneiros e toques
- Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)