Inventario de campás
Capela de San Xosé de Prado - GONDOMAR (GALICIA)
Referencia 13391
Lugar de Prado, 1.
36389 GONDOMAR
Referencia 13391
Lugar de Prado, 1.
36389 GONDOMAR

Data de construción Século XIX.
Descricion Foi construída por instancia dos veciños no ano 1864. É dunha nave de planta rectangular á que se lle engadiu pola cara norte un corpo máis baixo para sancristía.
Os muros están recercados e ten un zócalo perimetral.
A fachada flanquéase por pilastras nos extremos que rematan en pináculos.
A porta é alintelada sobre xambas con recercado e moldurado. Sobre ela, unha ventá rectangular con abucinado ao exterior e recercado. Remátase en espadana de dobre ollo, con pináculos e cruz central.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-11-2023
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| TORRES, Mónica | Roban una campana de 100 kilos en una iglesia de Gondomar | 2021 | |
| PILLADO, Neli | ¿Ha vuelto la campana robada a Prado? | 2023 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1966 | 39.00 | 34 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | 1729 | 0.00 | ||
| Espadana | Maior. | FERNÁNDEZ PELLÓN (GALICIA) | 1881 | 50.00 | 72 |