Igrexa de San Mamede de Pedrafita - GUITIRIZ (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Mamede de Pedrafita - GUITIRIZ (GALICIA)

Referencia 13385

Lugar dos Corredoiros, s/n.
27389 GUITIRIZ



Descricion Igrexa de orixen románico aínda cas sucesivas reformas alteraron gran parte dos seus elementos. Consta dunha nave rectangular, arco triunfal, ábsida tamén rectangular pero máis reducida ca nave e sacristía no lateral esquerdo do presbiterio. Dos vestixios románicos que podemos encontrar están seis canzorros, de traza xeométrica a maioría, no beirado esquerdo da nave, seis modillóns para o soporte das vigas da ábsida e o arco da porta lateral. Espadana situada exenta do templo e a unha certa distancia, á beira do camiño. Retablo maior salomónico.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 10-11-2023

Autor
  • PXOM de Guitiriz (01-06-2020)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-11-2023)
  • 2 Fotos

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Espadana exentaÚnica.BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)187855.0096