Inventario de campás
Igrexa de San Mamede de Amil - MORAÑA (GALICIA)
Referencia 13380
Lugar de Pumar de Tán, Amil.
36669 MORAÑA
Referencia 13380
Lugar de Pumar de Tán, Amil.
36669 MORAÑA

Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa de planta de cruz latina coa sancristía adousada ó norte. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito con cuberta de tella a dúas e catro augas.
A fachada principal, flanqueada por pilastras laterais rematadas por pináculos con bóla, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, cunha portada rectangular alintelada con recercado de molduras acodadas sobre ela. Sobre o ingreso un frontón semicircular partido con fornela interior. Máis arriba unha xanela cadrada recercada de moldura plana acodada. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha torre-campanario. Esta torre posúe dous corpos: o primeiro está ocupado polo corpo das campás e no segundo destaca unha cupuliña rematada nun pináculo.
Esta igrexa de estilo barroco, construíse no ano 1781, polo párroco Antonio Manuel Vega y Aguiar.
Campás 2 campás.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| GÓMEZ FONTENLA, Sito | Xornada Campaneira | 2026 |
| Persoa | Vídeo | Data | Duración |
|---|---|---|---|
| FUENTES SALVADO, FERNANDO | Toque de procesión. | 11-07-2026 | 01:00 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 03-11-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario. | Menor. | OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA) | 1953 | 66.00 | 166 |
| Torre-campanario. | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1925 | 90.00 | 422 |