Inventario de campás
Igrexa de Santiago de Samarugo - VILALBA (GALICIA)
Referencia 13359
Lugar do Pazo, 6.
27842 VILALBA
Referencia 13359
Lugar do Pazo, 6.
27842 VILALBA

Descricion Edificación relixiosa construída en diferentes fases a base de cantaría granítica labrada e escuadrada e cachotaría granítica. Posúe planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
A fachada principal (do século XVIII) presenta unha porta de aceso alintelada e enmarcada . Por riba dela unha fiestra cadrada. O conxunto remata cunha espadana de dous ocos.
No interior da igrexa destaca a súa nave de pequenas dimensións do século XII e ampliada no XVI. Nun dos seus laterais existe unha porta de aceso dovelada de época románica na que podemos ver unha cruz gravada e un anagrama (Iesus Christus Philius Dei Salvator).
No tránsito da nave ao presbiterio existe un arco oxival.
O presbiterio (do século XVI) destaca pola súa bóveda nervada.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-10-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | s/d | 60.00 | 125 |