Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Muras - MURAS (GALICIA)
Referencia 13300
Rúa da Margarida, 11.
27836 MURAS
Referencia 13300
Rúa da Margarida, 11.
27836 MURAS


Descricion Igrexa construída a finais do século XVII parece que sobre un templo anterior do século XII. É de planta de cruz latina enmarcada nun rectángulo, fabricada con cachotería de lousa e granito nos arcos e partes nobres, con cuberta de lousa. Consta de tres naves separadas por arcos de medio punto que arrancan de piares rectangulares. Fachada con porta circular que corresponde a cada unha das naves, coroada por un frontón recto cunha pequena campá. A torre do campanario -que data de 1846- atópase situada a uns 25 metros da igrexa, sendo de planta cadrada, de tres corpos, de estilo barroco que ten pendurada 2 campás. No interior do templo destaca a inscrición dun dos muros que fai referencia á súa data de reconstrución en 1678, así como o retablo maior do século XVIII, e outros dous retablos do século XVII e XVIII, con esculturas de diferente época.
Alberga no seu interior unha cruz de prata de comezos do século XVII.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 06-10-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO) | 1889 | 0.00 | |
| Torre-campanario exenta. | Maior. | BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO) | 1890 | 0.00 | |
| Torre-campanario exenta. | Menor. | BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878) | 1864 | 0.00 |