Capela do Carme do Enxertado - OZA-CESURAS (GALICIA)

Inventario de campás

Capela do Carme do Enxertado - OZA-CESURAS (GALICIA)

Referencia 13277

As capelas, O Enxertado.
15388 OZA-CESURAS


Web

Data de construción Século XIX.

Descricion Capela de planta rectangular e unha soa nave. A sancristía sitúase na cabeceira, o que contribúe ó caracter lonxitudinal do templo. Os muros son de carga e están construídos con cachotería e cantería, quedando esta á vista nos esquinais e o resto están recebados e caleados.
Exteriormente, a sancristía desenvólvese en dúas alturas. No corpo principal da nave a cuberta é a dúas augas e no corpo da sancristía é a catro augas tendo unha cruz de pedra no seu vértice. A cubrición é a base de tella curva do país. É unha arquitectura moi simple, onde a portada e as portas laterais son alinteladas.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada como xa dixemos. Sobre o ingreso vai un óculo semicircular, e enriba deste, na base da espadana, ten unha fornela. Remata o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e serven para aloxa-la campá. O segundo un frontón triangular con oco e rematado por un pináculo moldurado cunha cruz de forxa enriba.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 19-09-2023

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (21-03-2015)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-09-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA190050.0072