Igrexa de Santa Mariña de Taboada - MONFERO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa Mariña de Taboada - MONFERO (GALICIA)

Referencia 13268

Lugar Curras, 3,
15609 MONFERO


Web

Descricion Sinxela igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural abundante na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, pequena sancristía e presbiterio. No interior, sinxeleza, sobriedade e escasa iluminación. No exterior, muros de cachotería revestida e caleada, a excepción das pezas graníticas á vista dos esquinais e recercado dos vans. Cuberta de tella curva a dúas augas. Volumetría simple. A fachada principal está organizada nun só corpo e composta por porta rectangular, rematada con decoración de orelleiras, pequena fornela con imaxe relixiosa e oco circular para a iluminación con decoración similar á da porta. Sobre a cornixa, sobresae a espadaña de dous corpos, rematada por pináculos con bólas.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 13-09-2023

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (12-09-2023)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (13-09-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor. MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA)186960.00125
    EspadanaMaior. BLANCO, EMILIO (XUBIA)187865.00159