Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Ciadella - SOBRADO (GALICIA)
Referencia 13208
Lugar da Igrexa, 3.
15815 SOBRADO
Referencia 13208
Lugar da Igrexa, 3.
15815 SOBRADO


Descricion Igrexa románica de planta rectangular con corpo cuadrangular na cabeceira con menos altura que a nave principal e destacado en planta. Os tellados van a dúas augas con cuberta de tella curva do país. Feita a base de perpiaño e mampostería de granito. Fachada con porta alintelada e un arco cegado na parte superior. Hastial con xanela de marco con derrame que dá luz ao interior do templo. No lado esquerdo levántase unha espadana con oco de arco de medio punto onde apousenta a campá. Amosa contrafortes no muro sur e presbiterio, e conserva canzorros nos beirados dos tellado. No muro sur ábrese unha entrada con arco de medio punto de grandes doelas e o cume do presbiterio coróase cunha cruz patada que se adorna cun círculo centrado e lóbulos apuntados nas catro esquinas.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-09-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1942 | 0.00 |