Inventario de campás

Capela da Ascension - SALCEDA DE CASELAS (GALICIA)

(Referencia: 13075)
Lugar da Ascensión, s/n.
36471 SALCEDA DE CASELAS


Data de construción Século XVII.
Descricion Capela dunha soa nave rectangular con teitume a dúas augas. Na fachada destaca o seu pórtico exterior con arco de medio punto, obra do ano 1970. A continuación aparece unha espadana de dous ocos, con remates extremos en pináculos cónicos. O conxunto coroase cunha cruz.
Esta capela foi mandada construír polo abade D. Juan Lorenzo Carvajal no ano 1601 segundo consta nunha inscrición que conserva na fachada, aínda que as pedras da mesma foron separadas. A data consta nunha doela do arco da porta e o resto do texto nun perpiaño que xa está roto; colocárono na parte alta e queda un pouco tapado polo tellado do pórtico.
A capela tivo diferentes reformas. A primeira delas foi no ano 1698 a conta dun devoto anónimo. Outras foron nos anos 1906 e outra no 1970. A última reforma foi no ano 1990, segundo consta nunha placa exterior.
Esta capela foi utilizada como escola nos séculos XVII e XVIII.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (16-06-2014)
  • FRANCO BARROS, Óscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (17-05-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-05-2021)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 13-07-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)TALLERES LA INDUSTRIOSA19113016
    EspadanaCampá maior (2)JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA19904037

  • Ficha reducida (PDF)
  • SALCEDA DE CASELAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 07-06-2026

    Connectats: 83 Visitants: 83 Usuaris: 0