Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Hermedelo - ROIS (GALICIA)
Referencia 12961
Lugar da Igrexa, s/n.
15828 ROIS


Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa de planta de cruz latina con sancristía acaroado ao lado norte, construída no século XVIII e de estilo neoclásico, aínda que podemos ver elementos de típica adscrición ao barroco coma a ornamentación dos laterais da porta con molduras e orelleiras, fornelo sobre a porta principal e espadana semellante a outras igrexas do mesmo estilo. Dúas imaxes en alto-relevo flanquean a porta principal e outras máis pequenas na porta que dá a sancristía no lado norte. Na fachada e dentro dunha fornela vemos a imaxe de San Martiño de Tours e enriba desta unha ventá cadrada dá luz ao interior do templo. Espadana de dous ocos con arcos para as campás e balaustrada na parte inferior que remata en edículo con oco e pináculo de bóla na cima, dúas grandes cornixas voadas separan os corpos e van adornadas con pináculo piramidais nos estremos. Hai un reloxo de Sol na esquina da fachada cara o muro sur. A carón dela hai unha pequena carballeira cunha fonte.
Estado actual Bó.
Campás 2 Campás.
Fichas das campás
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-05-2023
Campás actuais
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior. | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1904 | 0.00 | |
| Espadana | Menor. | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1904 | 0.00 |
- Ficha reducida (PDF)
- ROIS: Campás, campaneiros e toques
- Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)