Inventario de campás
Capela de Santa Minia do Peso - A LAMA (GALICIA)
Referencia 12955
Lugar do Peso, 5.
36838 A LAMA
Referencia 12955
Lugar do Peso, 5.
36838 A LAMA


Descricion Edificación relixiosa situada nun pequeno outeiro e construída en cantaría granítica, de planta rectangular con engadidos posteriores, e cuberta a dúas augas con tella curva do país. A capela posúe pináculos de bola nos extremos.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso con dúas xanelas laterais, todas elas con arcos apuntados. Por riba dela un ocelo con derrame interno. O conxunto remata cunha espadana de dous ocos con cruz de pedra no cume.
A porta de aceso lateral posúe arco escarzano.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 25-05-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1903 | 0.00 |