Igrexa de Santa María de Centroña - PONTEDEUME (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Centroña - PONTEDEUME (GALICIA)

Referencia 12921

Rúa Macuca, 26
15607 PONTEDEUME



Web

Descricion Santa María de Centroña é, máis unha vez, un templo barroco rural cuxa construcción se sitúa arredor do século XVIII. Trátase dun edilicio de planta rectangular que, tal e como apuntan Soraluce Blond e Fernández Fernández (1997), conta "cun corpo engadido no seu muro meridional e un pequeno pórtico, dúas no correspondente á nave e catro no presbiterio, todas elas cunha cubrición de tella curva. |
A totalidade dos muros presenta un revestido, agás os esquináis e recercado dalgún dos seus ocos. No interior, e como adoita ser característico neste tipo de templos barrocos, o
presbiterio preséntase a maior altura ca nave, realzando así o efecto da súa superioridade simbólica. Aos pés da nave sitúase un coro alto, realizado a través dun forxado de madeira.
No exterior a igrexa concentra os seus escasos elementos ornamentáis na fachada, de gran sobriedade. Esta posúe un esquema pentagonal, remarcado polos esquináis en pedra vista e a comixa voada. No seu eixo vertical central sitúase unha porta rectangular rematada nun lintel en arco de medio punto rebaixado, un pequeño oco rectangular que proporciona iluminación natural ao coro e, rompendo a comixa, unha espadana de características posteriores ao conxunto no que se inscribe. (PXOM de Pontedeume).

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 13-05-2023

2 Fotos

Autor
  • PXOM de Pontedeume. (27-05-2016)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (11-05-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.CABRILLO, CASA (SALAMANCA)196870.00199
    EspadanaMaior.CABRILLO, CASA (SALAMANCA)196885.00356