Igrexa de Santo Estevo de Parga - GUITIRIZ (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santo Estevo de Parga - GUITIRIZ (GALICIA)

Referencia 12908

Rúa da Pobra, 77.
27380 GUITIRIZ



Web

Descricion Situada nun outeiro ó carón do castelo da Pobra de Parga, antiga situación dun castro. Presenta varios restos da súa primitiva factura románica do século XII. Consta de nave rectangular, capela maior cadrada e unha sancristía engadida xunto con outra edificación no lateral esquerdo. Fabricada en sillería de granito e cuberta de pizarra a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. A fachada é do século XVIII, e os sillares colléronse do castelo da Pobra. Ten porta adintelada, xanela rectangular central, espadana de doble corpo e doble van e un interesante reloxio de sol no ángulo que forma a fachada e o muro lateral dereito, onde se conservan algúns antigos canzorros e unha primitiva figura labrada románica. No interior hai pinturas ó fresco do século XV que representan esceas da Pasión, Anunciación e Cristo en Maxestade. Hai tamén unha ara con inscricións romanas e tres retablos barrocos con tallas dos séculos XVII-XVIII. Accédese ó adro, murado, por un portalón de pedra do século XVIII con cancela de ferro, gran dintel e frontón triangular con cruz e puntas de diamante. Varios sartegos antropomorfos medievais e pía bautismal gótica no adro.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 03-05-2023

2 Fotos

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (27-01-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (03-05-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.MANCHADO, JACINTO19960.00
    EspadanaINMACULADA CONCEPCIÓNDENCAUSSE COMINAL, PEDRO19250.00