Inventario de campás
Igrexa do Sagrado Corazón de María de Lagostelle - GUITIRIZ (GALICIA)
Referencia 12906
Praza do Campo da Feira, 60.
27300 GUITIRIZ
Referencia 12906
Praza do Campo da Feira, 60.
27300 GUITIRIZ

Data de construción Século XX
Descricion Situada na Praza Sagrado Corazón de María, na capital do Concello.
Foi construída entre os anos 1949-1968. O seu estilo é Neorrománico e foi mandada construír polo párroco de aquel entonces Don Manuel Bande López.
A construcción desta igrexa obedece a unha situción moi concreta. Tras a Guerra Civil, permaneceron aloxados en Guitiriz, centenares de soldados e ademais íase construir un campo de aviación, polo que Guitiriz podía chegar a converterse nunha importante cidade entre Lugo e Coruña, e ante este incremento de poboación a “Igrexa Vella” quedaba pequena, polo que o Parroco considerou necesario levantar un novo Templo de grandes dimensións.
Contan cá súa construción foi posible grazas ós donativos dos veciños, e dos visitantes ó Balneario.
Esta igrexa imita ó estilo Románico, ten planta de Cruz Latina e na súa fachada podemos observar rascos característicos deste estilo como son, os arcos de medio punto con derrame externo e o rosetón, no que destaca a figura de San Xoán Bautista.
A edificación fixose con granito da canteira guitiricense,básicamente có material extraído da canteira de Mariz.
Como curiosidade destacamos que a Casa Reitoral e o Salón Parroquial están adosados a igrexa.
No atrio atopase un Busto na honra de Manuel Bande López, promotor da igrexa.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-05-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Única. | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1891 | 0.00 |