Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Galegos - FRADES (GALICIA)
Referencia 12900
Lugar do Pazo, 16.
15686 FRADES
Referencia 12900
Lugar do Pazo, 16.
15686 FRADES

Data de construción Século XVIII.
Descricion A igrexa de San Martiño de Galegos, é do século XVIII, de estilo barroco. Ten planta dunha sola nave con presbiterio destacado. Fábrica de cachotería revocada e lucida nos paramentos e cantería nos elementos nobres. Posúe un arco triunfal de medio punto, en cuxa clave figura o escudo dos Moscoso, e nos muros norte e sur hai dous grandes retablos pétreos que corresponden ós enterramentos do señor de Galegos e a súa Dona. Son de cantería de granito formados por un alto zócalo con ménsulas acanaladas e sobre o que repousa un arco de medio punto, sobre pilastras con imposta, flanqueado por dobres pilastras acanaladas e refundidas. O coroamento do entaboamento é clásico con tríglifos. No lucelo represéntanse as armas do señores de Galegos. Serviu de panteón familiar. O seu estado de conservación é bo.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 25-04-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1922 | 0.00 | |
| Espadana | Menor. | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1902 | 0.00 |