Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Cícere - SANTA COMBA (GALICIA)
Referencia 12894
Lugar de Cícere, s/n.
15845 SANTA COMBA

Descricion Construída no século XVIII e financiada polo bispo de Tarazana, García de Pardiñas. Feita a base de sillería de granito e co teito a dúas augas, agás nos corpos laterais. Ten unha nave de planta de cruz grega. A fachada ten porta alintelada decorada con orelleiras. Enriba dela vai unha fornela con peaña e rematada en arco, no seu interior bóveda de cascarón en forma de vieira que contén unha figura que representa a San Pedro, no medio do muro vai unha pequena ventá cadrada. Adorno de placas no remate superior e espadana que arranca do cume con dobre corpo de campás con ocos de arco de medio punto. Rematada con adornos de pináculos e no centro unha cruz.
Campás 2 campás.
Fichas das campás
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 19-04-2023
Campás actuais
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | OCAMPO, HERMANOS | 1975 | 60.00 | 125 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO, HERMANOS | 1975 | 70.00 | 199 |
- Ficha reducida (PDF)
- SANTA COMBA: Campás, campaneiros e toques
- Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)