Inventario de campás
Capela de San Bieito do Porriño - O PORRIÑO (GALICIA)
Referencia 12814
Praza de San Bieito, s/n.
36400 O PORRIÑO
Referencia 12814
Praza de San Bieito, s/n.
36400 O PORRIÑO

Descricion Capela de reducidas dimensión, con planta rectangular e de nave única. A fachada ten unha porta de entrada de medio punto rebaixado, sobre ela unha ventá para rematar nun frontón triangular con punta recortada. A ambos lados, na fachada principal, está flanqueada por sendas torres campanario que rematan a modo de pináculos. A capela ten entradas tamén polo lateral onde tamén se abren algúns vans a modo de ventá.
As torres son o máis destacado da construcción. Acubilladas inferiormente dentro dos muros do edificio destácanse neles pola policromía e por medio de resaltes, en primeira instancia a modo de almohadillado clásico no extremos, e máis tarde por medio de pilastras embutidas no muro, presentando entre elas un óculo na parte frontal. Despois da cornixa, moi voada, que percorre toda a fachada, atópase o corpo do campanario, horadado por catro arcos de medio punto nos seus lados, con pequenas estructuras abuardilladas, sobre o que se dispón un cubo e un esvelto remate pétreo con pináculos en bola, de inspiración escurialense de Juan de Herrera.
As razóns da súa construcción debéronse ó gran aumento de poboación que experimentou o referido barrio a finais do século XIX: o barrio pedía unha igrexa propia para realizar as súas oracións diarias. A idea nace en 1890 por iniciativa da Asociación de Residentes en América coa Asociación de San Benito. Vintesete anos máis tarde o edificio era xa insuficiente para a grande poboación que se concentraba na zona, polo que os mesmos doantes costean a restauración e ampliación da igrexa, acaecida no ano de 1908.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 25-03-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario dereita | Maior. | FONTÁN E HIJOS | 1909 | 0.00 | |
| Torre-campanario dereita | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 19?? | 0.00 | |
| Torre-campanario dereita | Mediana. | FONTÁN E HIJOS | 1909 | 0.00 |