Igrexa de Santa María de Vilachá - MONFERO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Vilachá - MONFERO (GALICIA)

Referencia 12799

O Cruceiro, s/n.
15617 MONFERO



Web

Descricion Pequena igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural frecuente na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, presbiterio e sancristía no muro setentrional. No interior, nave con bóveda de canón rebaixada, con acceso ao presbiterio mediante un arco triunfal de medio punto apoiado sobre pilastas. Coro alto con estrutura de formigón e balaústres de madeira. No exterior, muros de cachotería revogados agás dos esquinais e recercado dos ocos. Cuberta de tella plana a dúas augas. Sinxela volumetría. Sobria fachada principal, composta por perpiaños de estereotomía plana, con porta rectangular e un pequeno oco para a iluminación do coro. Sobre a cornixa, pequena base irregular con espadana de dous corpos rematada por pináculos. Sinxelo retablo neoclásico con imaxe en oco central de Santa María, patroa da igrexa.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 21-03-2023

2 Fotos

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (21-03-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-03-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO, EMILIO (XUBIA)187860.00125
    EspadanaMaior.MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA)190080.00296