Inventario de campás
Igrexa de San Cristovo de Mesía - MESÍA (GALICIA)
Referencia 12772
Lugar da Igrexa, 2.
15685 MESÍA
Referencia 12772
Lugar da Igrexa, 2.
15685 MESÍA


Descricion A igrexa presenta planta de cruz grega con volumes engadidos laterais e posterior. Deste xeito prodúcese unha multiplicación de espazos que ten como resultado no exterior un marcado xogo de volumes cúbicos dispostos a diversas alturas, feito que concede un gran dinamismo ó conxunto. No interior, as paredes tamén están recebadas e arredor dos vans a cantería disponse cun encintado de cor branca. O cruceiro, que está separado do resto da igrexa por medio de arcos de medio punto lixeiramente peraltados, é o corpo que maior altura alcanza. O altar maior está sobreelevado con respecto á nave, e alberga un retablo de madeira composto por elementos clásicos, presidido pola imaxe de san Cristovo. O esquema compositivo da fachada principal é o característico de moitas igrexas do barroco rural, no que a porta, unha fiestra, neste caso carentes de decoración, e a espadana de dous corpos, no primeiro onde están as campás, de doble arco de medio punto sobre machóns e no segundo corpo, un frontón oco triangular redondeado coroado por unha cruz de pedra. Esta espadana que trunca a cornixa, dispóñense lonxitudinalmente nun imaxinario eixo central. Os escasos ornamentos da edificación, concéntranse aquí, como os acroterios que rematan os estremos da fachada ou os pináculos da espadana.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 23-02-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | PALACIO, DÁMASO | 1871 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO) | 1871 | 65.00 | 159 |