Inventario de campás
Igrexa de San Román de Doniños - FERROL (GALICIA)
Referencia 12763
Doniños Núcleo, 3A.
15593 FERROL
Referencia 12763
Doniños Núcleo, 3A.
15593 FERROL

Descricion Igrexa de tipoloxía rural, sen estilo definido.
A súa estrutura arquitectónica é de planta rectangular, na que se inscriben unha soa nave, presbiterio e una sancristía situada detrás deste. Os muros son de carga, de cachotería, agás esquinais e recercado de ocos, que son de cantería. A cuberta é a diferentes augas, segundos os corpos, con cubrición de tella plana. A fachada principal posúe unha organización na que a simetría e os diferentes xogos xeométricos ocupan o lugar fundamental, presentando un claro desexo de afastarse de fantasías estilísticas en favor das función para as que o edificio foi concibido.
Interiormente, a nave presenta una estrutura aérea plana, realizada a través dun falso teito de madeira. O acceso á ábsida realízase a través dun arco trunfal de medio punto, que apoia sobre piares. A ornamentación é moi sobria e simple, podéndose resaltar tan só o retablo que preside o altar maior.
A iluminación natural interior procede dos ocos abertos nos muros da nave e que, debido a unha reforma do edificio, viron modificadas as súas luces, de aí que non se correspondan coas características xerais do inmoble, do mesmo xeito que tamén se lle deu a este maior altura da que posuía, feito este últumo que quedou claramente reflectido na parte exterior dos muros.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-08-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Exposta no interior da igrexa | Maior. | MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA) | 1896 | 0.00 | 227 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | 1890 | 50.00 | 72 | |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2020 | 60.00 | 125 |