Igrexa de Santa Mariña de Lesa - COIRÓS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa Mariña de Lesa - COIRÓS (GALICIA)

Referencia 12680

Lugar de Lesa, 20.
15316 COIRÓS



Descricion Igrexa de estilo románico de transición ao gótico do século XIII, de tipoloxía rural moi frecuente na bisbarra. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior, o espazo correspondente ao presbiterio conserva elementos románicos como as catro columnas pegadas, os dous arcos e a bóveda. A ábsida posúe elementos góticos, como unha ventá oixival dividida en dúas metades por un parteluz, con remate en pedra calada, e unha bóveda de crucería. No exterior, a fachada principal mostra un pano de muro liso, entre os perpiaños do cal só se abren os ocos da porta de entrada e o van correspondente ao coro. A fachada lateral está interrompida por dúas seteiras e unha porta lateral, que presenta un arco apuntado, unhas xambas lisas e un tímpano adornado cunha cruz de brazos iguais e un monograma de Cristo.

Campás 2 campás.

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (16-01-2023)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (16-01-2023)

  • 3 Fotos

    Fichas das campás


    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 20-01-2023


    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.50.0072
    EspadanaMaior.HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)184160.00125