

| | Descricion |
Edificación relixiosa do século XVIII con engadidos posteriores como altar e a sancristía que foron construídos en 1833. A igrexa foi construída a base de cantaría granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular dunha soa nave, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. O edificio presenta pináculos de bola nos esquinais.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso enmarcada. Por riba dela unha xanela cadrada no medio dun frontón. O conxunto remata cunha espadana de dous ocos con cruz pétrea no cume. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-11-2022) FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (28-11-2022) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (29-11-2022) MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-01-2024) |
|