Igrexa de Santiago do Burgo - CULLEREDO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago do Burgo - CULLEREDO (GALICIA)

Referencia 12526

Rúa de Santiago, s/n.
15670 CULLEREDO



Web

Descricion A igrexa de Santiago do Burgo, como ben indica o seu nome, era parada obrigatoria para os peregrinos que acudían a Compostela procedentes do norte de europa. De cruz latina e unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas, conserva as ábsidas semicirculares tipicamentes románicas, sendo a fachada de data posterior, concretamente do século XVIII. De porta rectangular seguida dun gran óculo de luz tendo encima deste unha pequena fornela coa imaxe de Santiago peregrino e como remate, unha espadana de dous corpos; no primeiro corpo formado por tres machóns que dan lugar a dous ocos rematados en cadanseus arcos de medio punto onde se sitúan as campás, e un segundo corpo que actúa como remate por un frontón triangular cunha fornela calada no centro, e no máis alto un acroterio coroado por unha cruz de ferro. No interior ten unha capela central con dúas ábsidas máis pequenas, bóvedas sobre arcos de medio punto apoiados sobre columnas con capiteis con decoración vexetal.

Protección BIC

Estado actual Bo.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 14-11-2022

2 Fotos

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (28-08-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (14-11-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)186050.0072
    EspadanaMaior.DÍEZ SANTAMARÍA, MOISÉS191860.00125