Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Gargantáns - MORAÑA (GALICIA)
Referencia 12463
San Martiño, 7
36668 MORAÑA
Referencia 12463
San Martiño, 7
36668 MORAÑA


Descricion Esta igrexa data dos séculos XII-XIII e posúe numerosos elementos propios do estilo arquitectónico románico, que se conservan a pesares de reformas feitas posteriormente.
Presenta planta de cruz latina con capelas laterais e mantéñense a ábsida semicircular orixinal da nave e a parte do muro sur.
A ábsida ábrese á nave na súa parte interior por un arco triunfal de medio punto sobre columnas de fuste liso e capiteis con decoración vexetal. No exterior conserva a ábsida semicircular primitiva con catro columnas adousadas con capiteis decorados, mentres no tramo central presenta un rosetón con celosía tallada en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. O rosetón está flanqueado por dúas xanelas rematadas en arcos de medio punto con celosías e o rebordo da igrexa presenta unha ornamentación rica e variada.
A fachada do templo é de estilo barroco, concretamente do século XVIII e conta cunha interesante porta de entrada alintelada e recercada con moldura plana.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-10-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1932 | 0.00 | |
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1889 | 0.00 |