Inventario de campás
Capela de San Ramón de Folgueira - CULLEREDO (GALICIA)
Referencia 12420
Lugar de Folgueira, 7.
15139 CULLEREDO
Referencia 12420
Lugar de Folgueira, 7.
15139 CULLEREDO


Descricion A capela da San Ramón do Castelo, sitúase no comezo da subida ós Montes do Xalo, dende a súa cara leste, dende Tabeaio. Pertence ó lugar de Folgueira, concello de Culleredo.
É unha capela de feitura sinxela, de planta rectangular, de aproximadamente 11×7 metros, orientación oeste-leste. Descoñécese a cronoloxía da capela, pero poida remontarse denates do século XVIII.
Os muros son de pedra granítica, de cachotería nas partes nobres das esquinas, xambas ou linteis, quedando ocultas polo enlucido de cemento e pintado en cor branco as partes que supostamente executadas en mampostería; característica dunha arquitectura relixiosa local. Presenta unha porta e pequena fiestra abocinada riba dela. Como elemento máis salientábel, dada a sinxeleza da capela, é a disposición dunha pequena campá na fachada principal. Amosar unha feitura parecida á capela de San Xoán de Aquelabanda, na veciña parroquia de Sarandóns.
A capela ubícase nun conxunto rural fermoso, e os arredores atópase ben conservados e coidados, dispoñéndose dun área de lecer. Nembargantes non se respeta ó conxunto, polo que respecta ó colorido de mobiliario urbán (papeleiras, xogos infantís), nin polos tendidos eléctricos ou farolas azuis que rodean o conxunto.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-10-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1901 | 45.00 | 53 |