Inventario de campás
Igrexa dos Salesianos, Parroquia de María Auxiliadora da Coruña - A CORUÑA (GALICIA)
Referencia 12418
Rua Hospital, 7.
15002 A CORUÑA

Data de construción Século XX
Descricion Constituída como parroquia no ano 1977. A dirección da parroquia foille confiada aos Salesianos (como son coñecidos os membros da Sociedade de San Francisco de Sales ou de Don Bosco), que levaban na zona máis de medio século, designándolle templo parroquial a súa igrexa titular.
O templo é de gran prestancia exterior estando totalmente construído en cemento armado, coas partes esquinais e estrías que imitan ó granito. O edificio é obra do arquitecto Antonio Cominges, sendo bendicindo polo cardeal Quiroga Palacios en decembro de 1959. A súa fachada principal está precedida dun pequeno adro pechado, accedendo ó interior a través dun pequeno adro de tres arcadas. Enriba del, un rosetón e máis arriba unha forneliña coa imaxe de María Auxiliadora. A ambos lados das zonas saíntes xemelgas, imitando torres, álzanse ata rematar en pináculos. No corpo central unha pequena espadana onde vai situada a campá, rematando o conxunto por unha cruz.
Campás 1 campá.
Fichas das campás
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-10-2022
Campás actuais
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Inmaculada | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | 1953 |