Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Berdoias - VIMIANZO (GALICIA)
Referencia 12407
Lugar de Berdoias, 1.
15128 VIMIANZO
Referencia 12407
Lugar de Berdoias, 1.
15128 VIMIANZO

Descricion A igrexa de San Pedro de Berdoias foi trasladada da súa localización orixinal no lugar de Grixoa. A decisión foi tomada polo fidalgo Alonso de Lema II e a súa muller Maior Franqueira, quen sufragaron todos os gastos das obras na capela maior en 1617. Así, na clave da bóveda estrelada desta capela pódese ver o anagrama do nome do fidalgo.
O campanario sitúase no centro da fachada principal, maxestoso, de dous corpos. Foi construído a mediados do XIX. Nun nicho da fachada atópase unha escultura de San Pedro coas chaves do ceo na man.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-12-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Campá pequena (1) | LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO) | 1887 | 53.00 | 86 |
| Torre-campanario | Campá grande (2) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 196? | 62.00 | 138 |