Igrexa de Santa María de Trasmonte - AMES (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Trasmonte - AMES (GALICIA)

Referencia 12319

Parque Trasmonte, 36.
15864 AMES


Web

Data de construción Século XVIII.

Descricion Igrexa de mediados do século XVIII de planta rectangular con dous corpos de diferente tamaño acaroado a ambos lados do edificio. Tellado a dúas augas, excepto na caída da zona da entrada e na cabeceira do edificio que vai a tres. Campanario de estilo barroco que arranca na esquina dereita da entrada dende o chan, con escaleira de caracol no seu interior para acceder ata as campás. A torre componse de dous corpos rematados por unha cúpula de sillería sobre un tambor. Primeiro corpo liso e cerrado, coroado por unha cornixa sobre a que se asenta o segundo corpo coas campás e coas esquinas apilastradas, sobre este corpo vai a cúpula.
Porta principal con moldura sobre o lintel. Ten enriba a imaxe da Virxe da Asunción nunha fornela enmarcada en pilastras con volutas e rematada en pináculos e outros motivos decorativos.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 03-01-2024

1 Foto

Autor
  • VIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (31-08-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-09-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192585.00356
    Torre-campanarioMaior.LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)188490.00422