Igrexa de San Paio de Navia, a vella. - VIGO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Paio de Navia, a vella. - VIGO (GALICIA)

Referencia 12286

Rúa Tomada s/n.
36212 VIGO



Web

Descricion Igrexa e cemiterio parroquial moi preto do templo novo proxectado por Antón Román Conde.
De estilo barroco rural, estamos diante dunha igrexa de pequenas dimensións, executada en perpiaño e de estrutura moi simple xa que responde ó modelo de planta rectangular, con ábsida do mesmo formato que conforma un único volume co corpo principal. Completa a fábrica unha sancristía adousada ó costado norte da cabeceira.
A fachada principal organízase como un lenzo mural liso, que se coroa mediante aletóns rematados nun infrecuente ángulo recto, en medio dos que se alza unha espadana central, a modo de proporcionada coroa. No eixo central do parámetro ábrese unha porta de entrada enmarcada cuberta por un arco escarzano, dispoñéndose sobre ela unha xanela oval que carece de guarnición. Remata a fachada unha esbelta espadana, composto por dous corpos superpostos, coroada por unha cruz latina sen figuración.
O resto dos muros exteriores carecen de todo interese, aparecendo articulados mediante contrafortes.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 12-09-2022

3 Fotos

Autor
  • PXOM do concello de Vigo (16-05-2008)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (11-09-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.PELLÓN, JUAN ANTONIO18300.00
    EspadanaMaior.0.00