Igrexa de Santiago de Ribarteme - AS NEVES (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Ribarteme - AS NEVES (GALICIA)

Referencia 12285

Lugar da Igrexa.
36447 AS NEVES



Web

Data de construción Século XVII.

Descricion Igrexa do ano 1696, segundo unha inscrición que aparece nunha doela da porta sur, aínda que sufriu numerosas modificación ao longo do tempo. Feita a base de cadeirado granítico labrado. Posúe unha soa nave con teitume a dúas augas.
Na súa fachada podemos ver a porta de aceso con arco escarzano, e por riba dela unha pequena fiestra con derrame interno.
No século XVIII engádeselle a torre espadana, con remates en pináculos.
No interior destaca un retablo de época barroca que foi recentemente restaurado.

No seu parámetro sur destaca unha porta de aceso con arco de medio punto. Tamén podemos ver un brasón heráldico das familias Fontán e Barreiro, orixinarias da parroquia.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 11-09-2022

2 Fotos

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (20-05-2015)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-09-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA19870.00
    EspadanaMaior.OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)19500.00