Inventario de campás
Espadana da igrexa de San Cibrán de Vilastose - MUXÍA (GALICIA)
Referencia 12269
Lugar da Grixa
15124 MUXÍA
Referencia 12269
Lugar da Grixa
15124 MUXÍA


Data de construción Séculos XII-XIII.
Descricion A igrexa de Vilastose está situada no lugar da Grixa, Pertence ó concello de Muxía, aarciprestazgo de Nemancos e diócese de Santiago de Compostela.
Ten unha planta de salón con dúas capelas ós lados. simulando un cruceiro. No século XX cambiouse o teito ó engadírselle unha cuberta de placa de formigón.
Ós pés levántase un coro alto de cemento e un espazo adicado o baptisterio. A capela maior, de planta rectangular, presenta unha cima-recta tallada en granito, que marca a liña de imposta desde que arranca a bóveda. As dúas capelas que se abren á nave central, ó norte e ó sur respectivamente, están adicadas á Nosa Señora do Rosario e á Concepción. A primeira foi fundada por don Cristobal de Pazos, fidalgo local; e a segunda pola familia dos Agulleiro, en época barroca. A sancristía, con acceso desde ó interior do presbiterio e desde o exterior do templo, cóbrese cunha bóveda granítica de canón, lixeiramente apuntada. Unha das singularidades do uso proxémico do espazo nesta parroquia é a colocación de elementos da arquitectura popular como o hórreo, xunto a outros de carácter relixioxo como o campanario. Unha espadana de estilo barroco, desprazado da súa localización habitual da igrexa. A espadana ten dous ocos en arco de medio punto sobre unha base de perpiaño e rematado por un frontón curvo partido flanqueado por dous pináculos e rematando o conxunto por unha cruz de granito.
Acústica, afinación das campás Hai algunhas igrexas que teñen unhas espadanas exentas nun lugar máis alto, como é o caso. Así cando tocan, o son chega máis lonxe, por que ademais non ten ningún obstáculo derredor.
Campás 2 campás. A maior de 1903, fundida por d. Melchor Ocampo e a menor de 2001 fundida polos Ocampo en Arcos da Condesa.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-06-2023
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| GARCÍA QUINTÁNS, Modesto | A linguaxe das campás parroquiais na nosa comarca | 2021 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana exenta | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2001 | 51.00 | 77 |
| Espadana exenta | Maior. | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1903 | 83.00 | 331 |