Igrexa de Santa María de Caamaño - PORTO DO SON (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Caamaño - PORTO DO SON (GALICIA)

Referencia 12245

Lugar do igrexario, 2.
15996 PORTO DO SON




Data de construción Séculos XII e XVIII.

Descricion A igrexa de Santa María de Caamaño é de orixe románica, datada no século XII, aínda que o aspecto actual se debe a unha reconstrución realizada no XVIII. A construción é de planta rectangular cunha única nave. Os seus muros son de cantería de granito e as cubertas a dúas augas son de tella. O presbiterio, única parte conservada do XII, é de planta rectangular, cuberta con bóveda de canón apoiada en arcos faixóns de medio punto sobre semi-columnas con capiteis decorados con motivos vexetais. Na cabeceira conserva unha fermosa ventá de factura románica, cun arco de medio punto con decoración xeométrica sobre dúas columniñas con capiteis con motivos florais. No lado norte do presbiterio está a sancristía, de planta cadrada e con acceso dende o exterior. O resto da nave cóbrese con bóveda de canón sobre muros de cantería con capeliñas embebidas. No exterior, no lateral sur, a escaleira de acceso ao campanario que se apoia nunha tripla arcada. A espadana de dous corpos superpostos, o inferior formado por unha dobre arcada, e o superior cun arco e rematado con pináculos e bólas. A fachada é de gran sinxeleza, con portada alintelada e sobre esta un frontón triangular con fornela no seu tímpano.

Campás 2 campás.

Editor da ficha Xosé Troiano

Actualización 31-08-2022

Autor
  • GAVILANES67 / PATRIMONIOGALEGO.NET (12-08-2012)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-08-2022)
  • 5 Fotos

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)195760.00125
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)195775.00244