
| | Data de construción |
Século XVII. |
|---|
| Descricion |
Antigo priorado de Celanova. Igrexa parroquial do século XVII (fundada no ano 1612) e que se construíu sobre unha máis antiga de estilo románico, estilo que apreciamos unicamente nunha pequena xanela situada sobre a porta da fachada principal e sobre a que se sitúa a imaxe de San Salvador. O templo actual da igrexa da Arnoia consta dunha soa nave, cuberta por bóveda de canón e está dividida en seis tramos con arcos faixóns. Posúe unha capela lateral adicada á Virxe, con bóveda de pedra e cunha pedra armeira dun familiar da Inquisición.
Na súa fachada barroca, ademais da xanela románica, o ingreso está formado por un arco de medio punto decorado con molduras e unha espadana de dous corpos, cun frontón semicircular enriba dos ocos das campás. No seu interior consérvanse tres retablos, un deles de José Benito Arez González. A igrexa sufriría modificacións consecuencia de arranxos continuos de aí que cónxuxe estilos indeterminados. Recentemente restaurada.
. |
|---|
| Campás |
3 campás. |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Óscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (13-06-2021) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (07-11-2021) www.galiciamaxica.eu (María Rodríguez Serantes & Alberto Alonso de Dios) (2022) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (12-08-2022) |
|