Igrexa de San Simón da Costa - VILALBA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Simón da Costa - VILALBA (GALICIA)

Referencia 12217

O Valado.
27815 VILALBA


Web

Data de construción Século XIX.

Descricion Igrexa construída entre os anos 1802 e 1804 imitando os vellos modelos do s. XVII da bisbarra do Val do Landro, que substitúe a vella igrexa situada no mesmo lugar. De fábrica de cachotería luosenta e granítica, con reforzos de vans e esquinais de cadeirado de granito, e cuberta luosenta a dúas augas en naves, a catro en presbiterio e a tres en sancristía engadida na cabeceira. De tres naves separadas por piares e arcos. Amplos e robustos contrafortes no muro lateral dereito, para evitar a caída do templo. Fachada principal con ampla porta alintelada, ventá cuadrangular e frontón triangular, ao lado da que se coloca a bonita torre campanario de dous corpos, con balaustrada e cúpula bulbosa, con porta lateral alintelada. Interior: retablo maior da segunda metade do s. XVIII, procedente da igrexa anterior á actual, dous retablos laterais neoclásicos, con varios talles de interese, e varios confesionarios antigos. Cemiterio parroquial antigo en fronte da igrexa.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 13-08-2022

2 Fotos

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (12-08-2022)
  • Campás e reloxos monumentaais de Galicia (FRANCO BARROS, Oscar) (12-08-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMaior.BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)0.00
    Torre-campanarioMenor.QUINTANA, CAMPANASCA 20020.00