Inventario de campás
Capela de San Mamede - PADERNE (GALICIA)
Referencia 12213
Lugar de San Mamede, 37
15314 PADERNE
Referencia 12213
Lugar de San Mamede, 37
15314 PADERNE


Descricion Edificio de pequenas dimensións, de planta rectangular dunha soa nave con muros de carga de cachotería e cuberta a dúas augas con cubrición de tella plana, cunha cruz de pedra sobre o piñón do testeiro. No muro sur da nave ábrese unha porta rectangular alintelada.
A fachada, de trazado moi simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e, rompendo o vértice do pentágono unha pequena base para unha espadana dun corpo sobre cornixa. Esta está formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve pra aloxa-la campá fundida no ano 1880.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 06-03-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única | MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA) | 1880 | 0.00 |