Inventario de campás
Igrexa de Santa Baia de Brens - CEE (GALICIA)
Referencia 12204
A Grixa, s/n.
15298 CEE
Referencia 12204
A Grixa, s/n.
15298 CEE


Descricion Situada na marxe esquerda da ría de Corcubión, a Igrexa de Santa “Eulalia” de Brens consta dunha capela maior rectangular e un corpo basilical dividido en tres naves, froito dunha ampliación sufrida no ano 1956. A nave central, orixinal, é máis ancha cas laterais. A sancristía está apegada á capela maior polo seu lado norte e comunica directamente coa sancristía. A capela maior cóbrese con bóveda de canón de cantería. Ós pés da igrexa aparece un coro alto ó que se accede por unha escaleira que discorre polo interior da torre. Chama a atención a presencia dun ciborio moderno sobre o cruceiro con forma de torre e rematado por un tellado a catro augas. As naves laterais divídense en tres tramos e cóbrense con bóvedas de formigón recentes. O exterior da capela maior é de perpiaños ben labrados en perfecta estereotomía e cóbrese cun tellado a dúas augas. A fachada principal seguía un esquema pentagonal, hoxe un tanto desvirtuado pola ampliación do templo. A torre de campás está apegada ó muro sur sendo de planta cadrada. Ten dous corpos: o inferior formado por catro arcos de medio punto sobre piares e o superior, coroado cunha lanterna rematada por un pináculo e adornada con outras máis pequenas de estilo barroco.
No interior destaca o retablo maior que se divide como é habitual en predela, corpo central e ático. Este retablo vincúlase pola súa decoración cos artistas composteláns Casas e Novoa e Simón Rodríguez. Así, apreciamos elementos decorativos típicos dos mestres citados, como orelleiras, estípites, froitas carnosa, placas… A fornela do pano central do corpo principal está presidida pola imaxe de Santa Eulalia con coroa de prata, palma de martirio e libro. É unha fermosa escultura barroca de excelente talla, con dobras moi delicadas.
Campás 2 cmpás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-10-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Campá menor (1) | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1906 | 65.00 | 159 |
| Torre-campanario | Campá maior (2) | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1906 | 81.00 | 308 |