Inventario de campás
Ermida da Virxe do Monte de Camariñas - CAMARIÑAS (GALICIA)
Referencia 12131
Referencia 12131

Data de construción Século XVIII.
Descricion Esta Ermida atópase ás aforas da vila, nun promontorio de alto valor paisaxístico dende o que se divisa a punta da Barca (Muxía). É de estilo barroco (XVIII) e presenta unha planta dividida en dous tramos con coro, e conta cun anexo (nártice) lateral no muro sur. A fachada sinxela e simétrica, sen decoración e cunha sinxela espadana cun só oco formado por un arco de medio punto.
A romería ten lugar o Luns de Pascua, levase en procesión a imaxe dende Camariñas ata a ermida, onde se dan tres voltas arredor do templo. Segundo a tradición, préndese unha vela diante da imaxe cando a persoa está ausente, para que esta Virxe, que segundo a lenda apareceu no mar, se lembre do ofrecido. Testemuño destes rituais son os exvotos de barcos que aparecen no recinto.
O lenzo da imaxe da Virxe é de 1759 e do autor Antonio Sarmiento. Este lenzo hoxe forma parte da colección do Museo de América (Madrid).
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-07-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2004 | 55.00 | 96 |
| Sancristía | Angelica Shulte | 1972 | 30.00 | 16 |