Igrexa de Santa María de Lira - CARNOTA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Lira - CARNOTA (GALICIA)

Referencia 12128

Rúa Lira, 64
15292 CARNOTA


Web

Data de construción Século XVIII.

Descricion Santa María de Lira data do ano 1760 ainda que sufriu unha ampliación no ano 1825, dotándoa do seu aspecto actual. Destaca basicamente a rotundidade da súa planta, dunha soa nave, estreita e alongada, dividida interiormente en catro treitos por arco de medio punto con tirantes metálicos e bóveda de canón nos tres primeiros treitos; no correspondente ó presbiterio encontramos bóveda de crucería; dende aquí, e apegada á cabeceira, encóntrase a sancristía, moi reducida e de menor altura; ós pés da nave sitúase o coro, de madeira. Os muros de cantería presentan grande auteridade, que continúa no exterior. A súa continuidade tan só se ve interrompida polo remarque das pilastras do interior e polas fiestras situadas no medio de cada un dos panos intermedios, nalgúns casos convertidos en simples molduras. A cuberta é a dúas augas de tella curva, agás no presbiterio, que é a catro e que destaca pola súa maior altura. Na fachada principal encóntrase a escasa ornamentación da igrexa, cunha composición simétrica formada por un remate en frontón triangular con dous potentes pináculos nos estremos; e que descansa sobre catro pilastras que enmarcan a porta principal con lixeiras molduras e un óculo circular por riba dela. O conxunto remata cun campanario situado sobre o frontón nunha plataforma cadrada, formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto rematados cunha cornixa e unha cupuliña sobre tambor octogonal.

Campás Campás de Santa María de Lira (Carnota, A Coruña). A maior de 1889, anónima polo de agora. A menor de 1971 fundida pola Casa Cabrillo de Salamanca.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 08-08-2022

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé (Patrimoniogalego.net) (22-04-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (14-01-2021)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioCampá menor (1)CABRILLO, CASA (SALAMANCA)197167.00174
    Torre-campanarioCampá maior (2)188974.00235