Inventario de campás
Igrexa de San Pedro da Redonda - CORCUBIÓN (GALICIA)
Referencia 12122
Igrexario de Redonda
15137 CORCUBIÓN
Referencia 12122
Igrexario de Redonda
15137 CORCUBIÓN


Descricion A única parroquia do concello, aparte da que constitúe a capital municipal, é Redonda, que se reparte en varias aldeas pola península de Quenxe. A igrexa parroquial de San Pedro é orixinalmente románica, pero tamén sufreu grandes reformas, sendo a última nos anos 1991 e 1992 restaurando a igrexa e o adro no que tan só quedan daquel estilo o arco triunfal e a ábsida de base rectangular. No testeiro ábrese a típica ventá románica. Tamén consérvanse alguns canzorriños primitivos sostendo o aleiro do tellado. O edificio é de reducidas dimensións con nave e capelas únicas, ambas de planta rectangular. Está cuberta a dúas augas con tellado de tella.
A decoración exterior contén motivos vexetais, destacan a espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre alicerces, un frontón, dous acróteros piramidais e unha cruz.
A decoración interior contén retablos con imaxes como a de San Pedro, unha pequeña talla gótica duns 40 cms, a da Virxe das Mercedes, a da Virxe do Carme, unha talla de San Xoán Bautista e a da Virxe do Rosario.
O campo onde se atopa a igrexa está nun lugar moi fermoso e contén ademáis da igrexa, un camposanto e un cruceiro.
Campás A Campá maior fundida en 1994 polos Irmáns Ocampo en Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra). A menor é unha campá anepígrafa. Ten unha diferencia de 32 cm no diámetro entre a maior e a menor. Neste tipo de campás pequenas, case é normal, son de tipo ferroviarias e moi semellantes ás mariñas.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-10-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá menor (1) | 31.00 | 17 | ||
| Espadana | Campá maior (2) | OCAMPO, HERMANOS | 1994 | 63.00 | 145 |