Inventario de campás
Capela de Santa Mariña - VIMIANZO (GALICIA)
Referencia 12101
Lugar de Paizás, s/n.
15129 VIMIANZO
Referencia 12101
Lugar de Paizás, s/n.
15129 VIMIANZO


Data de construción Século XVII.
Descricion A ermida de Santa Mariña de Paizás foi fundada nos primeiros anos do século XVII polos labregos afidalgados Alonso de Castiñeira e Mariña de Gondomil, donos da casa de Castiñeira, unha aldea a pouca distancia de Paizás. Trátase, pois, dunha capela de pazo fundada por fidalgos con pretensións.
Malia isto, o seu aspecto actual difire moito do orixinal. O cura-canteiro Saturnino Guinarte fixo en 1932 unha serie de reformas que transformaron a planta da capela case por completo, seica por ser moi pequena e ameazar ruína. Por iso se lle deu máis alto, construíuselle unha nova sacristía e unha nova dependencia, a meridional, para prestar acubillo ós romeiros ós que lles daba medo ós estoupidos dos foguetes cos que era costume festexar a Santa Mariña no día da súa romaxe. Da época fundacional quizais só conservamos ben a vella espadana, mailo seu patrimonio moble: No seu interior garda un rudo retablo barroco de pedra do século XVIII con imaxes tamén de pedra.
Campás 1 Campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-12-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2002 | 45.00 | 53 |