Santa María de Pontellas - BETANZOS (GALICIA)

Inventario de campás

Santa María de Pontellas - BETANZOS (GALICIA)

Referencia 12087

Rúa Castro, 41
15319 BETANZOS


Web

Data de construción Século XIII.

Descricion Igrexa de estilo románico do século XIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. No interior o espazo entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal apuntado e de sección rectangular, que descansa sobre dúas columnas de avultadas baseas, fuste de pouco grosor e estilizados capiteis de collarino sogeado. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración, organizándose segundo un imaxinario eixe vertical no que se inscribe a porta principal e un pequeno oco cuadrangular. A cornixa interrómpese no medio para servir de base a unha sinxela espadaña. A cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Campás 1 campá.

Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc

Actualización 04-06-2023

1 Foto

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (22-04-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnicaBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)186865.00159