Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Proendos - SOBER (GALICIA)
Referencia 11907
Referencia 11907


Descricion Igrexa de primitiva traza románica do século XII. O templo actual, levantado sobre o primitivo, é de planta rectangular con ábsida da mesma forma, aínda que algo máis estreito e cuberta de tella a dúas augas . Das formas románicas só quedan restos na ábsida.
No seu interior destacan os arcos que arrancan de columnas de fustes curtos, cilíndricos e monolíticos. É un caso peculiar en Galicia similar ao do templo de Santa María de Albán en Sarria.
Na capela maior consérvanse interesantes pinturas murais, datadas no século XVI, nas que se representa a Adoración dos Reis, a Adoración dos Pastores, a Fuxida de Exipto, San Blas e a Visitación, complementadas cunha serie de motivos xeométricos e florais.
Porta principal de medio punto con ornamentación sinxela. Sobre esta unha ventá de medio punto adornada con vidro pintado. Espadana con dous vans. Escaleiras exteriores a campanario. Muro de cantaría.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-04-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá pequena (1) | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) | 1899 | 0.00 | |
| Espadana | Campá grande (2) | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) | 1933 | 0.00 |