Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Fontecada - SANTA COMBA (GALICIA)
Referencia 11869
Lugar de San Martiño, s/n.
15837 SANTA COMBA
Referencia 11869
Lugar de San Martiño, s/n.
15837 SANTA COMBA


Descricion Igrexa dunha soa nave e sancristía acaroada ao muro norte. O teito esta cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada principal é moi sinxela e de esquema pentagonal con corpo central adiantado no eixo da porta e espadana. Nel vai a porta alintelada e enriba unha figura de San Martiño de Tours a cabalo, despois séguelle unha pequena ventá cadrada para dar luz ao interior. Na parte superior arranca a espadana con dous ocos de arcos de medio punto apoiados sobre piares e que acollen ás campás. Leva unha pequena balaustrada de pedra na parte inferior. Está coroada cun edículo con oco e dous pináculos piramidais nos extremos, e outro de bóla, no medio e con cruz de forxa no cume.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 19-04-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá grande (2) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1938 | 0.00 | |
| Espadana | Campá pequena (1) | PALACIO, DÁMASO | 1853 | 0.00 |