Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Filgueira - CRECENTE (GALICIA)

(Referencia: 11866)
Lugar do Rego, 9.
36490 CRECENTE
Data de construción Séculos XVII-XVIII
Descricion Edificada no século XVII-XVIII con axuda das pedras procedentes da antiga capela de San Colmede (antigo anexo de Filgueira) no lugar no que se situaba a ermida de San Antonio, posúe unha inscrición na fachada exterior coa data "1723".

Sitúase esta igrexa parroquial nun recinto de interese polo conxunto de elementos que o forman, destacando de xeito relevante o cruceiro, un tipo singular pola súa base e tratamento do fuste.

Presenta unha portada con arco alintelado, flanqueada por pilastras que rematan cun frontón triangular. Sobre el, ventá e espadana central de dobre van. A fachada enmárcase con pilastras rematadas en pináculos. Os muros presentan tres contrafortes e un viacrucis formado por catorce cruces talladas en baixorrelevo ao longo de todo o seu perímetro. A ábsida destácase en altura con cornixa moldurada en gola.

No interior, a ábsida presenta unha bóveda de aresta. Posúe a igrexa, un arco triunfal de medio punto sobre pilastras. A nave presenta bóveda de canón dividida en catro tramos por arcos de medio punto sobre pilastras.
Campás 3 campás.
Autor
  • www.crecente.gal [https://www.crecente.gal/detalle-turismo/iglesia-de-san-pedro-de-filgueira.htm] (02-01-2025)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, EstanislaoDon Antón Fraguas e a Igrexa de Xanza (Valga - Pontevedra)2019

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 08-01-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    CampáDE LA VEGA OTERO, FRANCISCO ANTONIO (VALLE DE HOZ, CANTABRIA)1736

  • Ficha reducida (PDF)
  • CRECENTE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)