Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Dordaño - OZA-CESURAS (GALICIA)
Referencia 11568
Lugar Igrexa, 2
15391 OZA-CESURAS
Referencia 11568
Lugar Igrexa, 2
15391 OZA-CESURAS

Descricion Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe. No interior, o espazo da nave está separado da cabeceira por medio dun arco triunfal.
A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro de madeira e, rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de tres corpos flanqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-las campás. O segundo fórmao un oco de arco de medio punto flanqueado por dous pináculos. No último corpo un pequeno frontón curvo cun oco circular no centro e coroado por un pináculo moldurado e unha cruz de forxa. Este corpo tamén está flanqueado por dous pináculos piramidais.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-04-2023
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| LOUZAO VILLAR, Joseba | El sonido de las campanas: una aproximación al paisaje sonoro católico en la España contemporánea | 2018 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | PALACIO, DÁMASO | 1852 | 60.00 | 125 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1936 | 75.00 | 244 |