Inventario de campás
Igrexa de Santa María da Vila (Santa María das Areas) - FISTERRA (GALICIA)
Referencia 11363
Rúa Alcalde Fernández, 14
15155 FISTERRA
Referencia 11363
Rúa Alcalde Fernández, 14
15155 FISTERRA


Descricion O templo é dunha nave e un ábside de planta rectangular, con moitas reformas e añadidos sobre a primitiva construcción románica do século XII. Conserva unha ventá románica no testeiro, o arco triunfal apuntado de entrada ó presbiterio e a bóveda de crucería. A porta da fachada é románica con dous pares de columnas e sinxelas arquivoltas que acollen un tímpano liso. Diante dela consérvanse os arcos do antigo pórtico. Nun dos laterais encontramos unha porta de estilo Egas, moi raro en Galicia. No interior débese visitar a capela do Santo Cristo da Barba Dourada (de estilo gótico do século XIV).
A igrexa de Santa María das Areas está emplazada na ladeira do mítico Promontorium Nerium, no Cabo Fisterra, antigo Finis Terrae dos romanos e lugar onde supostamente se ubicaba o Ara Solis.
Tamén próximo á igrexa atópase un cruceiro gótico do século XV, un dos más antigos de Galicia.
Protección BIC
Campás A maior de 1970 fundida pola Casa Cabrillo de Salamanca. A menor de 1904 fundida por Juan Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra).
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 15-11-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Sala de campás | Campá menor (1) | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1904 | 68.00 | 182 |
| Sala de campás | Campá maior (2) | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | 1970 | 106.00 | 690 |