Inventario de campás
Santuario da Nosa Señora das Virtudes - RIBADEO (GALICIA)
Referencia 11202
Referencia 11202
Descricion Atópase no lugar da Ponte (Arante) ao lado do Camiño Norte de Santiago, antigo Camiño Real. Trátase dun santuario moi venerado e visitado polos fieis debido á fama de milagreira da súa virxe. A orixe deste templo data de finais do século XIV, aínda que foi reformado nos séculos posteriores.
Este santuario é unha construción dunha soa nave con tellado a dúas augas, arco triunfal oxival e presbiterio con armadura interior de madeira, ao igual que a nave.
Presenta frontis con portada en arco, espadana de dous vans e dúas portas nun dos seus laterais. RIBADEO TURISMO (24-08-2021)
Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 24-08-2021
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá gótica | 1480ca | 42.50 | 44 |