Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Nebra - PORTO DO SON (GALICIA)

(Referencia: 11198)
Calle Nebra, 0 S/N
15970 PORTO DO SON



Descricion Igrexa parroquial do século XVIII feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta de cruz latina, con modificacións posteriores no que se lle engadiron as capelas laterais comunicadas tamén co brazo transversal. As naves están cubertas con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto e bóveda de aresta no cruceiro. Os muros son de carga, de cantería de granito, interrompida no interior por arcos de medio punto para acceder ás capelas laterais, de planta cadrada e reducido tamaño. Ós pés da nave principal, encontramos un coro de madeira. A capela maior, do mesmo ancho que a nave principal, e cuberta con bóveda de canón, ten pegada no lateral norte unha pequena sancristía dunha altura bastante menor co resto do templo. No muro lateral dereito da nave existe outra porta de acceso.
Na fachada principal destacan dous elementos: un frontón triangular partido, cunha fornela dentro do tímpano e enriba da porta unha xanela con derrame interno, e a torre-campanario situada no lateral esquerdo, de sección cadrada e formada por tres corpos superpostos, liso o primeiro; o corpo das campás con decoración barroca de pilastras acanaladas e placas cornixas e pináculos; e o remate en cupuliña semiesférica sobre tambor octogonal, rematado cun pináculo no cume.
Esta igrexa foi construída sobre outra anterior. A súa construción realizouse entre os anos 1799 e 1800 sobre os planos de José Cachafeiro. O seu prezo final foi de 9000 reais.
Campás 3 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé [Igrexa de Santa María de Nebra (Porto do Son, A Coruña)] (30-05-2022)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    TROIANO CARRIL, XoséIgrexa de Santa María de Nebra (Porto do Son, A Coruña)2022

    Vídeo (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    PersoaVídeoDataDuración
    PAZOS VIDAL, DAMIÁN (NEBRA)Repenique de campás 23-08-202101:46
    3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 07-03-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Sala de campásCampá menor (1)LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)189968182
    Sala de campásCampá mediana (2)PALACIO, DÁMASO185669190
    Sala de campásCampá maior (3)BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO180675244

  • Ficha reducida (PDF)
  • PORTO DO SON: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 11-05-2026

    Connectats: 81 Visitants: 81 Usuaris: 0