Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Brandoñas - ZAS (GALICIA)
Referencia 11130
Lugar de Gris, 3
15859 ZAS
Referencia 11130
Lugar de Gris, 3
15859 ZAS


Data de construción Século XVIII-XIX.
Descricion Edificio de planta rectangular, con muros portantes de cachoterío enfuscados, agás a fachada de cantería. Cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. No lado norte, á altura do presbiterio, engadiuse a sancristía. A fachada concentra o interese artístico do edificio, cun esquema pentagonal e un eixe vertical central onde se superpoñen a porta alintelada, unha fornela avieirada ca imaxe da virxe, unha pequena xanela cadrada e, sobre o ápice do hastial, unha espadana dun só corpo, con tres machóns e dous arcos de medio punto con balaustres pétreos, coroados por dous pináculos e unha cruz de pedra
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 26-08-2023
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| RIAL, S.G. | El origen de las campanas de la Costa da Morte | 2020 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1947 | 0.00 | |
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1915 | 0.00 |